En Melide, no interior da provincia da Coruña, está situado o noso Centro de Atención a Persoas Maiores: contamos cunha Minirresidencia, dúas Vivendas Comunitarias e Centro de Día. Melide é unha terra coñecida polos seus doces, entre os que destacan os melindres, ricos e amendoados, pola súa agricultura e gandería e pola súa cultura musical. É tamén unha encrucillada de camiños ancestrais, entre outros conéctanse nesta terra os Camiños Primitivo e Francés. E como todo se pega, nesta gran casa que é o Centro de Atención a Persoas Maiores de Melide tamén nos gusta moito o bo comer (e se é doce mellor), os prados para disfrutar do aire fresco e pasear e, COMO NON! a música e o baile. A nosa gran familia entre persoas residentes, usuarias e traballadoras case suma a CENTENA (100!)